InicioSucesosDetido un veciño de Burela en Viveiro con cocaína, heroína e haxix

Detido un veciño de Burela en Viveiro con cocaína, heroína e haxix

A Policía Nacional interviulle 15 doses de droga á persoa arrestada; o Xulgado decretou a súa posta en liberdade

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Viveiro a un veciño de Burela no marco dun dispositivo contra o tráfico de drogas. Segundo fontes do corpo policial, a detención produciuse o pasado 28 de xullo, no porto de Celeiro.

O detido foi observado “en actitude sospeitosa” dentro dun vehículo da súa propiedade, polo que, tras ser identificado e sometido a rexistro superficial, “intervéuselle unha bolsa de plástico onde portaba 7,5 gramos de cocaína distribuídos en once doses, dous gramos de heroína repartidos en tres doses e un anaco de haxix, do mesmo xeito que 40 euros en dous billetes de vinte, compatible con vendas previas de polo menos dúas doses”.

O detido foi posto o 29 de xullo a disposición xudicial, decretándose a súa posta en liberdade. Segundo concretou a Policía Nacional, persoa arrestada estaba acompañada doutro veciño de Burela, a quen se lle interveu un “porro” que estaba fumando neses momentos, polo que se lle fixo a proposta de sanción administrativa por consumo en vía pública en base á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá 4/15.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...