Trasladado ao hospital con síntomas de intoxicación tras un incendio nunha casa do Valadouro

O lume orixinouse, segundo o 112, por mor dun balde con roupa apoiado nunha cheminea

Hospital Público da Mariña. PLATAFORMA

Un rapaz precisou asistencia médica esta tarde no Valadouro despois de declararse un incendio nunha casa situada no lugar de Augarrío. Segundo se lle indicou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o mozo foi trasladado ao Hospital Público da Mariña, ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

O lume orixinouse por mor dun balde con roupa apoiado nunha cheminea e o único que ardeu foi este recipiente.

Foi unha persoa particular quen alertaba do incendio ao 112 Galicia preto das 17.00 horas. Axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros, dos efectivos do GES de Cervo, dos axentes da Garda Civil e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here