Rescatada unha muller en Ourol tras caer co seu coche por un terraplén de 30 metros

Ocorreu na estrada que une San Pantaleón e Bravos e os bombeiros de Viveiro acudiron apara asistir á afectada, que estaba consciente

Estrada que une San Pantaleón e Bravos. GOOGLE MAPS

Unha muller foi rescatada esta madrugada tras caer co seu vehículo por un terraplén duns 30 metros de profundidade no concello de Ourol. O coche saíu da vía cando circulaba pola estrada que une San Pantaleón de Cabanas con Bravos.

Os bombeiros tiveron que anclar o turismo para poder sacar á condutora e trasladala en padiola ata a ambulancia.

DEMORA

Foi a familia quen pasada a medianoite contactou co 112 Galicia ante a demora da muller, que debía estar de volta na casa arredor das oito da tarde.

Desde o primeiro momento, os seus parentes amosáronse convencidos de que sufrira un accidente co seu vehículo debido ao carácter escarpado da zona. Efectivamente, despois de peitear a estrada, escoitaron á afectada gritar, o que lles permitiu sinalizar a probable posición do vehículo.

ANCLAXE DO VEHÍCULO

Para o rescate foi precisa a intervención dos Bombeiros de Viveiro que, para poder asistir á ferida, tiveron que anclar o vehículo e transportala en padiola ata o lugar onde agardaba unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Os efectivos do parque de Viveiro contaron coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here