Un condutor dáse á fuga tras un violento choque cunha clínica podolóxica de Burela

O incidente ocorreu pasadas as catro da mañá do sábado; foron os propietarios quenes advertiron do sinistro

Imaxe do negocio tralo incidente. AXM

O vehículo dun condutor descoñecido colidiu a pasada madrugada cunha clínica podolóxica ubicada entre a Avenida da Mariña e a rúa Concepción Arenal de Burela, rebentando os cristais e a porta do local.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso da chamada sobre as 4.00 horas da madrugada. Foron os mesmos propietarios do negocio quenes requeriron a presenza das forzas da orde despois do aparatoso incidente. Para cando se produciu a advertencia, a persoa que conducía o vehículo dérase á fuga sen poñerse en contacto cos titulares do establecemento. A Garda Civil investiga o suceso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here