A prisión un dos detidos en Foz nunha operación antidroga en marcha na Mariña

O suposto implicado nunha rede de venda de cocaína ingresou no cárcere, mentres que a súa parella quedou en liberdade

Garda Civil. EFE

Un home detido xunto á súa parella en Foz pola súa suposta implicación nunha rede de narcotráfico ingresou en prisión, mentres que a muller quedou en liberdade.

Os arrestos forman parte dunha operación antidroga realizada pola Unidade de Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo que continúa aberta, segundo informan fontes da investigación.

O operativo, sobre o que pesa segredo de sumario, investiga unha rede de venda de cocaína na comarca da Mariña luguesa, aínda que podería abrirse a outras zonas fóra da provincia de Lugo.

No marco desta operación, unha parella residente en Foz foi detida, aos que poderían sumarse novos arrestos nas próximas horas.

NOVAS DETENCIÓNS E INGRESOS EN PRISIÓN

Esta información foi ampliada nas últimas horas, con novas detencións e ingresos en prisión. Podes consultar a actualización nesta ligazón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here