InicioSucesosInvestigado un mozo de Ribadeo por danos a tres autobuses e un...

Investigado un mozo de Ribadeo por danos a tres autobuses e un roubo con forza no colexio de Vegadeo

O rapaz, que xa prestou declaración, tentou supostamente introducir substancias líquidas nos depósitos do combustible e queimar o interior dun dos vehículos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Garda Civil imputou a un mozo de 19 anos e veciño da localidade lucense de Ribadeo como presunto autor de senllos delitos de danos en tres autobuses de ALSA que quedaron inutilizados para o servizo e un de roubo con forza nun colexio de Vegadeo, segundo informou este venres a Comandancia de Oviedo.

No entanto, a Garda Civil desvinculou os danos ocasionados nos autobuses do conflito laboral que os traballadores de ALSA mantiñan no momento de producirse os desperfectos.

Os feitos ocorreron o pasado día 6 cando tres autobuses que a empresa tiña estacionados no recinto feiral da Veiga sufriron danos intencionados nos depósitos de combustible.

Segundo o Instituto Armado, o mozo puido forzar o tapón do combustible para introducir substancias líquidas.

Entre os feitos que se lle imputan resaltan os danos causados na caixa rexistradora dun dos autobuses e os desperfectos noutro dos vehículos cando presuntamente intentou queimar o seu interior, ascendendo o seu valor a 1.700 euros.

A Garda Civil tamén considera ao mozo como presunto autor dun roubo con forza no Colexio de Educación Primaria Jovellanos de Vegadeo tras acceder ao seu interior rompendo unha fiestra.

A Policía Xudicial da Garda Civil realizou senllas inspeccións oculares, tanto nos autocares como no colexio, que constataron a vinculación entre ambos casos. O mozo xa prestou declaración en calidade de investigado e non detido, segundo fontes policiais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...