InicioSucesosDetido en Foz por tentativa de homicidio ao acelerar cando a exsogra...

Detido en Foz por tentativa de homicidio ao acelerar cando a exsogra cruzaba un paso de peóns

De acordo coa Garda Civil, o presunto autor dos feitos, de 35 anos e que foi posto a disposición xudicial, abandonou o lugar tras obrigar ao viandante a tirarse á beirarrúa

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Foz, a un home rumano de 35 anos de idade como suposto autor dun delito de homicidio en grado de tentativa.

Segundo expón o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, os feitos tiveron lugar o pasado domingo na capital municipal, cando unha terceira persoa -a exsogra- atopábase cruzando un paso de peóns e escoitou como un vehículo aceleraba, obrigándoa ás presas a ir cara á beirarrúa e provocando a súa caída ao chan, abandonando o lugar o  todoterreno a gran velocidade.

A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Viveiro. A vítima, que non necesitou asistencia médica, foi quen interpuxo a denuncia. O xuíz decretou a súa posta en liberdade comunicada e sen fianza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...