Ferida unha moza de 25 anos tras chocar o seu coche contra un autobús en Xove

O sinistro ocorreu na LU-862, á altura da estación de servizo de Lago, e a persoa mancada tivo que ser trasladada ao Hospital da Mariña en ambulancia

A LU-862, entre Xove e Lago. GOOGLE MAPS

Unha moza de 25 anos tivo que ser trasladada ao Hospital Público da Mariña ao resultar ferida tras chocar o seu coche contra un autobús e saírse da estrada en Xove.

Segundo informan fontes do 112 Galicia, o accidente ocorreu na mañá deste martes na vía LU-862, que conecta Xove coa parroquia de Lago, á altura dunha estación de servizo. Eran as 9.00 horas cando un particular chamaba á central de emerxencias para informar do ocorrido.

O 112 activou un operativo para desprazar ata o punto os bombeiros de Viveiro, o GES de Cervo, a Garda Civil de Tráfico e o 061-Urxencias Sanitarias. Estes últimos servizos médicos foron os encargados de trasladar a moza en ambulancia de soporte vital básico ata o Hospital da Costa, en Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here