InicioSucesosOs bombeiros tiveron que intervir ao arder un muíño eólico en Magazos

Os bombeiros tiveron que intervir ao arder un muíño eólico en Magazos

Os profesionais de extinción traballaron arreo para evitar que as chamas se propaguen ao monte

Publicada o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Viveiro participaron na extinción dun lume que se iniciou na maquinaria dun muíño eólico situado no alto de Fontecova, en Magazos, no concello lucense de Viveiro. Segundo se informou ao 112 Galicia, os profesionais de extinción traballaron arreo para evitar que as chamas se propaguen ao monte.

Así mesmo, confírmase que ningún dos outros muíños da zona tampouco se viron afectados.

A escasos minutos das cinco e media desta tarde varios particulares informaban ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia do incendio, indicaban que ardía pola zona dos muíños pero sen precisar exactamente o que ardía.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Viveiro, dos axentes da Garda Civil, Policía Nacional, Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Do mesmo xeito, foron informados o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a empresa que fornece a electricidade dos muíños. Os efectivos de Protección Civil comunicaron ao 112 Galicia que o incendio está extinguido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...