Trasladado a Celeiro o pesqueiro Amor II, que quedou sen máquina a dúas millas de Cabo Ortegal

O buque, de bandeira francesa e con 14 tripulantes a bordo, avariou no medio do temporal e precisou ser remolcado

Salvamar Alioth. ASTILLEROS ARMÓN

Efectivos de Salvamento Marítimo interviñeron na tarde deste martes nun operativo para remolcar a un pesqueiro que quedou sen máquina, no medio do temporal, a dúas millas de Cabo Ortegal.

Segundo informa o organismo, o barco afectado foi o pesqueiro de bandeira francesa Amor II, que faenaba con 14 tripulantes a bordo e quedou sen máquina a dúas millas de Cabo Ortegal con mar “moi groso”.

Ata a zona desprazáronse a Salvamar Alioth e o pesqueiro Pino Montero, que se atopaba na área e que, finalmente, conseguiu darlle remolque. Ambos diríxense, acompañados pola Salvamar, ao porto de Celeiro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here