Ferida ao saír da vía e envorcar o coche que conducía en Burela

O accidente produciuse poucos minutos antes das dez da mañá na estrada provincial LU-P-1502, concretamente á altura do cemiterio municipal

Zona na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS

EFE. Unha condutora resultou ferida este xoves ao saírse da vía e envorcar o coche que conducía nunha estrada provincial ao seu paso polo municipio lucense de Burela.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) do 112 Galicia, o accidente produciuse poucos minutos antes das dez da mañá na estrada provincial LU-P-1502, concretamente á altura do cemiterio municipal de Burela.

Por causas que aínda se descoñecen, a condutora perdeu o control do vehículo, que acabou por envorcar.

Foron axentes da Garda Civil de Tráfico os que informaron de que a condutora e única ocupante do vehículo siniestrado resultara ferida, de modo que o 112 mobilizou ao servizo de Urxencias Sanitarias-061 para asistir á vítima, que non quedou atrapada no vehículo.

Tamén foron mobilizados, en todo caso, efectivos dos Bombeiros de Barreiros, do GES de Cervo e da Policía Local de Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here