Calcinado de madrugada un coche aparcado en Burela

As lapas afectaron á parte dianteira doutro turismo estacionado preto, na avenida de Arcadio Pardiñas

Incendio dun coche en Burela. AXM

Un coche aparcado na avenida de Arcadio Pardiñas, na vila de Burela, quedou completamente calcinado a pasada madrugada, afectando as lapas a outro vehículo estacionado na mesma rúa.

Segundo fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o suceso aconteceu sobre as 1.40 horas, na contorna do supermercado Día. Unha persoa particular informou de que ardía un coche estacionado, da marca BMW, e solicitaba medios de extinción.

Desde o 112 avisouse a Protección Civil e Bombeiros de Barreiros e Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, que unha vez no punto tentaron sofocar o lume. O vehículo ardeu por completo e as lapas afectaron á parte dianteira doutro coche aparcado preto del, un Renault. Tamén participaron no operativo axentes da Garda Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here