InicioSucesosTentan extinguir un incendio nun pendello de Mondoñedo próximo a unha vivenda

Tentan extinguir un incendio nun pendello de Mondoñedo próximo a unha vivenda

Ocorreu no lugar de Arco, na parroquia de Masma; a pesar de que o lume aínda non está controlado, non afecta á vivenda e os ocupantes atópanse en bo estado

Publicada o

- Advertisement -

Os equipos de intervención traballan arestora na extinción dun incendio declarado no interior dun pendello -dedicado á almacenaxe de leña- próximo a unha vivenda localizado no concello lucense de Mondoñedo.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia, pese á intranquilidade causada pola situación, os ocupantes do inmoble atópanse en bo estado de saúde. De feito, un deles foi atendido in situ polos profesionais de urxencias sanitarias a causa dunha indisposición provocada polo nerviosismo.

Foi precisamente un dos ocupantes da vivenda quen, ás 16.30 horas de hoxe, púxose en contacto co 112 Galicia para informar dun lume nun cuberto próximo á súa casa no lugar do Arco, na parroquia de Masma. A partir de aí, activouse un operativo no que participan os Bombeiros de Barreiros e de Vilalba, os membros do GES de Cervo, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e tamén os efectivos de Protección Civil de Mondoñedo.

Neste momento, os equipos de extinción seguen no lugar tratando de extinguir as lapas. Segundo indicaron ao 112, a pesar de que o incendio aínda non estea controlado, o lume non afecta a vivenda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...