Investigado en Foz por facilitar un fármaco a outros menores que precisaron asistencia urxente

A Garda Civil impútalle un suposto delito contra a saúde publica por convidar aos outros nenos a consumir benzodiacepinas

Hospital Público da Mariña. CIG

A Garda Civil procedeu a investigar a un menor veciño de Foz por incitar a consumir e facilitar un fármaco a outros menores, debido ao que acabaron todos eles nun hospital.

Segundo relatou o Instituto Armado, imputou en calidade de investigado a un menor veciño da localidade lucense de Foz como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Supostamente o presunto autor “ofreceu, incitou a consumir e forneceu un fármaco, pertencente ao grupo das benzodiacepinas, a outros menores”. As mesmas fontes destacaron que debido ao consumo do mesmo “todos eles tiveron que ser asistidos de urxencia en centro hospitalario“.

A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición da Fiscalía de Menores de Lugo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here