Identificado un corpo achado en Francia como o de Álex Meitín, desaparecido en Viveiro no 2019

As probas de ADN realizadas pola Interpol tanto en Saint Pierre d'Oléron como en Madrid permitiron clarificar a súa identidade

Alejandro, coa roupa que levaba na cea á que asistiu. DARÍO SAN ISIDRO/FACEBOOK

Fontes da Policía Nacional confirmaron que o corpo achado na costa de Francia en marzo do 2020, en concreto na illa de Saint Pierre d’Oléron, é o de Alejandro Meitín San Isidro, o home desaparecido en Viveiro desde o pasado 15 de decembro de 2019.

Segundo concretaron as mesmas fontes, unha vez apareceu o cadáver nas costas francesas realizouse unha análise de ADN que foi remitida a España a través da Interpol. O resultado foi cotexado no laboratorio da Comisaría Xeral de Policía Científica, en Madrid, que ten as bases de datos das persoas desaparecidas no Estado. A coincidencia nas probas, nestoutro caso realizadas a partir de enseres do mozo desaparecido, permitiu identificar o cadáver.

A identificación do corpo vén a confirmar, consideran desde a Policía Nacional, a hipótese principal dunha caída accidental de Meitín co seu coche ao peirao deportivo de Viveiro. O vehículo foi recuperado da auga o 27 de decembro do mesmo 2019, días despois de que trascendese a desaparición de Álex.

A forma na que se atopou mergullado o coche, coas rodas cara arriba, o impacto no parabrisas, a posición das fiestras do vehículo, baixadas ata un punto que permitiría a saída do vehículo dunha persoa, facían pensar á Policía Nacional que Meitín se atopaba dentro do turismo cando este caeu á auga. Tamén o feito de que estaba o móbil dentro e que tiña todos os útiles de pesca con el. Daquela, as fontes policiais apuntaban que as correntes marítimas poderían levar o cadáver a Asturias ou Francia. A familia realizará nas vindeiras semanas os trámites para a repatriación do corpo de Álex a fin de darlle sepultura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here