Ferido un operario que caeu dunha árbore en Foz

Tras acceder á persoa lesionada camiñando, os bombeiros e os membros do GES trasladárona nunha padiola ata onde o esperaba unha ambulancia para ser levada ao Hospital

Ambulancia medicalizada. AXM

Un operario resultou ferido mentres traballaba no monte en Foz pola caída dunha árbore que o golpeou. Segundo informa o 112 Galicia, o suceso produciuse nun monte situado na LU-151, en Santa Cilla do Valadouro.

Sobre as 17.40 horas deste luns, os servizos sanitarios solicitaban medios ao 112 Galicia para evacuar a un home ferido no monte, na Teixeira, moi preto da piscifactoría.

Foron avisados os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil, a Policía Local e efectivos de Protección Civil, entre outros. De igual maneira, púxose os feitos en coñecemento dos membros do GES de Cervo.

Tras acceder ao ferido camiñando, os bombeiros e os membros do GES trasladaron á persoa nunha padiola ata onde o esperaba unha ambulancia para ser levado ao centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here