Un axente da Policía Nacional de Viveiro fóra de servizo frustra o roubo de dez queixos nun supermercado

Ocorreu en Rábade; dúas mulleres foron imputadas en calidade de investigadas por un delito de furto

Coche da Policía Nacional. AXM

Un axente da Policía Nacional destinado en Viveiro, que se atopaba fóra de servizo, interceptou a dúas mulleres ás que frustrou o roubo de dez queixos nun supermercado da localidade de Rábade.

O axente recoñeceu a unha das mulleres por un furto perpetrado en días pasados noutro supermercado da mesma localidade, polo que procedeu a interceptar a ambas.

Segundo informa o Corpo Nacional de Policía, ambas recoñeceron que furtaran nun supermercado de Rábade os dez queixos que levaban escondidos entre as súas roupas.

Daquela solicitouse o desprazamento dunha patrulla para comprobar os feitos no establecemento afectado e trasladar ás sospeitosas a dependencias policiais. Realizadas as correspondentes comprobacións, ambas mulleres foron imputadas en calidade de investigadas por un delito de furto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here