Hospitalizados un menor e un adulto de Foz pola mala combustión dun quentador

Os bombeiros tiveron que ventilar a vivenda polo forte cheiro a gas.

Hospital Público da Mariña. / CIG

Dúas persoas, un adulto e un menor, foron trasladadas ao Hospital de Burela durante a tarde do pasado domingo ao resultar intoxicadas, posiblemente, debido á mala combustión dun quentador nunha vivenda en Foz.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon nunha casa situada en Vilarmea, na parroquia de Fazouro, uns minutos antes das 19,45 horas deste domingo.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, a partir de aí, pasou o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil e á empresa subministradora do gas.

Na vivenda, os equipos de extinción confirmaron, a través das medicións, a presenza de gas na vivenda polo que, unha vez atendidas as persoas intoxicadas, procederon a ventilar a casa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here