InicioSucesosRescatan os sete tripulantes do Hermanos Landrove, que naufragou fronte a Cabo...

Rescatan os sete tripulantes do Hermanos Landrove, que naufragou fronte a Cabo Ortegal

A nave Bedía salvou a tripulación do buque viveirense, que foi trasladada ao porto de Cariño sen precisar asistencia sanitaria

Publicada o

- Advertisement -

Os sete tripulantes dun barco pesqueiro con base en Celeiro, o Hermanos Landrove, foron rescatados na madrugada dese luns tralo naufrauxio do buque a unhas 20 millas ao norte do Cabo Ortegal.

A embarcación sufriu unha vía de auga e, segundo confirma Gardacostas de Galicia, acabou afundíndose.

A tripulación do Hermanos Landrove foi rescatada por outra nave que faenaba pola zona, o Bedía, que os trasladou até o porto de Cariño, tal e como indica o 112. Ningún dos rescatados necesitou urxencia sanitaria.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 5.00 horas da madrugada, por un aviso do servizo de Gardacostas, que informaba da saída do helicóptero Pesca II.

Ademais, Salvamento Marítimo, que coordinou a operación, mobilizou o helicóptero Helimer e a embarcación Salvamar Shaula.

De igual modo, o 112 Galicia tamén alertou á Garda Civil, a Policía Local, e ao 061-Urxencias Sanitarias.

NAUFRAXIO NO 2009

O Hermanos Landrove xa padeceu un naufraxio no 2009, no que faleceu o patrón e armador do buque e foron rescatados seis tripulantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...