Controlada unha deflagración en Alcoa San Cibrao nun tanque fóra de operación

Apuntan que a deflagración no tanque non causou ningún dano ás persoas nin afectou á normalidade das operacións.

Planta de alúmina de Alcoa San Cibrao. WIKIPEDIA

A brigada de emerxencias da fábrica de Alcoa en Cervo controlou unha deflagración que se produciu durante os labores de limpeza nun tanque fóra de operación desde hai sete anos.

Fontes da multinacional do aluminio aseguran que foi un incidente “sen relevancia” e que se resolveu “inmediatamente”.

Neste sentido, apuntan que a deflagración no tanque non causou ningún dano ás persoas nin afectou á normalidade das operacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here