Investigan as causas da morte da muller atopada en Xove

Barallase que puido falecer por causas naturais.

Axente da Garda Civil. AXM

Unha muller de entre 30 e 40 anos de idade foi achada falecida este sábado no seu domicilio de Penas Agudas, no municipio lucense de Xove.

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo, as primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural, aínda que a parte forense deberá determinar as causas.

Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Viveiro, quen realizaron medicións de gas xa que se barallaba a posibilidade dunha intoxicación por monóxido de carbono. Con todo, estas medicións arroxaron un resultado negativo. Ao momento tamén acudiron os servizos sanitarios e a Garda Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here