- Advertisement -
O Concello de Cervo realizou a entrega de trofeos do XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu que se celebrou este domingo no Pavillón da Veiga, e que contou coa participación de medio cento de competidores de toda Galicia e distintas partes de Asturias, desde a categoría alevín ata a sénior, e que contou coa participación da tenente alcalde, Dolores García Caramés.
A competición englobou as modalidades de Kata e Goshin Shobu, que consisten na realización de técnicas propias do Nihon Tai-jitsu e da defensa persoal.