O Concello de Trabada continúa co programa de conciliación laboral e familiar no Nadal.
O servizo está dirixido a nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2014. As crianzas deben estar empadroadas en Trabada.
Os participantes poderán desfrutar de actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer, en horario de 10.00 a 14.00 horas os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro nas instalacións municipais.
O goberno local trabadense resalta que “para nós é unha prioridade o fomento de programas de conciliación laboral e familiar tamén nesta época do ano, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das familias e ao tempo fomentar a creatividade dos máis pequenos con diferentes actividades que se desenvolven neste programa”.
ACTIVIDADES
O programa inclúe talleres de manualidades para elaborar postais de Nadal e murais, obradoiros de cociña e proxeccións de películas.