O Concello de Mondoñedo enviou á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto de mellora das rúas Os Castros e Rocha de Vélez, que se ampliarían ata os cinco metros de ancho e se conectarían cun novo tramo viario.
O desvío facilitaría o tránsito entre unha e outra rúa, dificultado agora no cruzamento entre elas por un paso estreito entre varias edificacións.
NOVO ACCESO
O proxecto dota ao centro urbano dun novo acceso directo desde o norte sen necesidade de atravesar as rúas interiores da cidade.
Ademais, posibilita o acceso e a saída polo oeste da cidade cando a Alameda dos Remedios se encontra ocupada por algún evento xa que a intervención se inicia entre as o Hospital de San Pablo a residencia de maiores.
Os cinco metros de anchura permitirían combinar o tráfico nunha dirección co tránsito peonil e, en datas excepcionais, habilitaríase para o paso de vehículos nas dúas direccións.
PRAZAS DE APARCAMENTO
Doutra banda, no treito de novo apertura, delimitaríase unha zona de aparcamento en batería para uns 30 turismos.
ESTÉTICA
O proxecto prevé a construción de novos muros, en formigón armado, que se decorarán decoración en base a plantas de distintos tipos. O pavimento realizarase con formigón desactivado, de aspecto pétreo, acorde co entorno patrimonial.
DOCUMENTO DE TRABALLO
A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, defende que o proxecto beneficiaría a seguridade e accesibilidade dos peóns e melloraría a experiencia dos visitantes que se achegan a Mondoñedo.
Con todo, precisou, que o documento, “feito tralas escavacións arqueolóxicas coas que se delimitaron as zonas de protección”, é “unha proposta de traballo para consensuar cos veciños”.
O orzamento previsto polo goberno municipal para a realización dos traballos ronda os 500 mil euros.