InicioOccidentalXove"Alucina polo Nadal", espectáculo de maxia en Xove xunto a outras actuacións...

“Alucina polo Nadal”, espectáculo de maxia en Xove xunto a outras actuacións para estas datas

O venres 30, ás 21:30 h. da noite celebrarase o X Concurso de Karaoke no Pavillón Municipal de Deportes.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro do Programa de actividades que a Concellería de Cultura do Concello de Xove programou para este Nadal, hoxe tivemos ás 19:00, no Salón de Actos do Centro Cívico, o espectáculo de maxia ‘Alucina polo Nadal’ co Mago Javier Muro.

Mañá, xoves 29 ás 19:00 h no Salón de Actos do Centro Cívico teremos o espectáculo infantil “Show Musical Infantil la Granja”. O venres 30, ás 21:30 h. da noite celebrarase o X Concurso de Karaoke no Pavillón Municipal de Deportes.

Recordamos que a inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 29 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (venres 30) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...