InicioOccidentalCervoReciclaxe de pneumáticos e plásticos para facer bonecos de neve en Cervo

Reciclaxe de pneumáticos e plásticos para facer bonecos de neve en Cervo

O obxectivo principal desta iniciativa é didáctico coa fin de incidir na concienciación da veciñanza sobre a importancia que ten a reciclaxe para o medio ambiente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo aposta de novo este ano polo material reciclado para a confección de adornos propios do Nadal.

Ademais da decoración a partir de residuos procedentes do medio mariño -situada no espazo verde contiguo á Casa do Mar en San Cibrao- a delegación de Medio Ambiente repartiu polas parroquias do municipio varios bonecos de neve confeccionados a partir de pneumáticos.

Dito material está composto por caucho natural e plástico, que contribúen á contaminación de mares e praias. O concello xestiona, a través do punto limpo de Cuíña, ao redor de 3000 quilogramos de pneumáticos ao ano, que son recollidos, tratados e procesados para ser convertidos en produtos reciclados que contribúan a súa inclusión dentro do ciclo da economía circular.

Os bonecos tamén contan con outro tipo de residuos como escobas sen uso, redes e cabos extraídos da costa (bufanda), testos (sombreiro), tapóns (boca), refugallos de madeira (nariz) e demais anacos de plástico (ollos).

O obxectivo principal desta iniciativa é didáctico coa fin de incidir na concienciación da veciñanza sobre a importancia que ten a reciclaxe para o medio ambiente, así como de ensinar que a reutilización de materiais que contribúen á contaminación, pode resultar tamén divertido e proveitoso. Ademais, estes novos adornos veñen complementar a xa tradicional decoración de Nadal instalada nas diferentes zonas do Concello e enxalzan o espírito navideño das parroquias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...