InicioEconomíaO comité de Alcoa asegura que as posturas están "distanciadas" aínda que...

O comité de Alcoa asegura que as posturas están “distanciadas” aínda que se produciu “algún movemento”

As dúas partes levan semanas en negociacións en relación coa actualización do acordo polo que se parou a produción na Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo valora que se produciu “algún movemento” por parte da multinacional. Con todo, as posturas seguen “bastante distanciadas”, segundo informa.

O presidente do comité, José Antonio Zan, destaca que os representantes dos traballadores queren ver “como se concreta” este movemento na próxima reunión, que será o venres ou o luns.

“De momento as posturas aínda seguen bastante distanciadas e sobre todo nun punto que é o que falta ver que solución lle damos”, resalta. De momento, segundo constata, “haberá que esperar”.

As dúas partes levan semanas en negociacións en relación coa actualización do acordo polo que se parou a produción na Mariña, co compromiso dunha serie de investimentos e o rearranque en 2024.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...