InicioEconomíaFrancisco Conde reivindica a "cerámica de autor" e "de referencia" do artesan...

Francisco Conde reivindica a “cerámica de autor” e “de referencia” do artesan Otero Regal, de Viveiro

Regal Cerámica vende as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, reivindicou este mércores a “cerámica de autor” e “de referencia” en toda Galicia que desenvolver o artesán Alfonso Otero Regal no complexo de Regal Xunqueira, en Viveiro.

Durante unha visita ás instalacións, o tamén conselleiro de Economía, Industria e Innovación destacou “o que significou e o que significa” o sector artesán na dinamización cultural e económica da Comunidade galega, segundo informa a Xunta.

Neste sentido, Conde subliñou que a marca Artesanía de Galicia, que engloba a 789 talleres que realizan 88 actividades artesanais diferentes, está “recoñecida” a nivel nacional e internacional.

Regal Cerámica iniciou a súa traxectoria na década dos 70 e celebrou en 2022 o seu 40 aniversario. Vende as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia.

Ademais, a empresa participou en diferentes programas da Xunta para impulsar a dixitalización e a modernización, o fomento da comercialización e a formación de aprendices.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...