IniciosociedadeO Concello de Viveiro apoia a manifestación a favor da sanidade pública...

O Concello de Viveiro apoia a manifestación a favor da sanidade pública convocada para o xoves 19 en Burela

"Temos que saír a defender a nosa sanidade pública e denunciar a falta de médicos de atención primaria e de pediatras”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase ás reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que vén de convocar unha manifestación para o vindeiro xoves, 19 de xaneiro, ás 20:00 horas en Burela.

A mobilización, que sairá dende o Hospital da Mariña e percorrerá as rúas principais da localidade ata chegar á Praza do Concello, responde ao lema “Contra o desmantelamento da sanidade pública”, poñendo o foco nos graves problemas que afectan aos veciños e veciñas da comarca dende hai tempo e que se agravan máis aínda tras a supresión da Área Sanitaria.

“Dende o Concello de Viveiro animamos á veciñanza a participar nesta mobilización para a defensa dos nosos intereses nun tema tan importante como é a saúde. Temos que saír a defender a nosa sanidade pública e denunciar a falta de médicos de atención primaria e de pediatras”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Desde o Concello de Viveiro apuntan que este municipio sofre especialmente a falta de pediatras. Nos últimos días, os máis de 1.800 nenos e nenas de entre 0 e 15 anos dos municipios mariñanos de Viveiro, O Vicedo e Ourol volveron quedar sen especialistas na súa atención, trala xubilación dun dos médicos asignados ao centro de saúde da vila e á baixa doutro compañeiro.

Isto únese a falta de médicos de familia, que obriga ás persoas a acudir aos servizos de urxencias colapsándoos ou obrigándoos a facer uso de servizos privados para solucionar os seus problemas. Tamén o ámbito hospitalario sofre atrasos de ata dous ou tres anos para certas consultas ou probas diagnósticas.

Dende o grupo de goberno viveirense animan á veciñanza a unirse a esta manifestación do próximo xoves día 19 para reclamar “unha sanidade universal, gratuíta, equitativa, de proximidade e de calidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...