InicioOccidentalViveiroViveiro resolve tres mesas de contratación asinando un convenio coa Deputación de...

Viveiro resolve tres mesas de contratación asinando un convenio coa Deputación de Lugo

Todas estas obras están incluídas no Plan Único do 2022.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrou este pasado 12 de xaneiro, tres mesas de contratación nas que se acordou a proposta de adxudicación de varias obras importantes para o municipio.

A primeira delas é a pavimentación e drenaxe de exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane que contan cun orzamento de 49.242 €, que consistirán no acondicionamento do recinto exterior pechado do centro ocupacional. Esta infraestrutura empregarase como patio exterior para o desfrute dos usuarios do centro, o que supón un importante avance para a axenda de actividades da entidade.

Entre as actuacións a levar a cabo inclúese a ampliación da zona asfaltada e o mantemento dunha extensa zona verde na que se plantará céspede e varias árbores. Tamén se dotará ao espazo exterior dunha capa de drenaxe con grava e un drenaxe perimetral do edificio para evitar a entrada de auga ao interior por infiltración.

“Estas melloras do Centro Ocupacional responden ás necesidades da asociación e dan un paso máis no compromiso de máxima colaboración e axuda con Aspanane”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro que engade: “Grazas ao convenio que alcanzamos coa Deputación continuamos coa nosa vontade de dar resposta a todas as necesidades dos usuarios e usuarias de Aspanane, coa que o goberno local colabora dende sempre e á que recoñece o importante labor que desempeña”.

Outra das obras que se acometerá será o acondicionamento e mellora da pista do Ponte FEVE ata A Casería e do ramal na parroquia de Covas.

Na zona das Pallaregas, o concello vai levar a cabo unha serie de actuacións que contan cun orzamento segundo proxecto de 129.882,11 €. Nelas están incluídas as obras de acondicionamento e mellora da pista principal, dende a Ponte de Feve ata a Casería, e tamén no ramal denominado Pista de Vilar-O Rego, que dá acceso ás vivendas de Porta Leira.

Por outra banda, realizarase a reposición de firme nos viais situados no lugar de Paraíso, unha obra que conta cun orzamento, segundo proxecto, de 107.522,63 €. Nesta acometida están incluídos os arranxos doutros catro viais da zona.

Para a execución destas actuacións, o Concello de Viveiro asinou un Convenio coa Deputación Provincial de Lugo incluídas no Plan Único do 2022.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...