InicioOrientalBarreirosO Xacemento da Roda será obxectivo de conservación despois de asinar un...

O Xacemento da Roda será obxectivo de conservación despois de asinar un convenio entre Barreiros e o Goberno central

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que "esta xuntanza dá continuidade ao traballo que o goberno municipal vén realizando desde o inicio do mandato, en contacto directo co Ministerio."

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros recibiu a visita da Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, que mantivo un encontro co goberno municipal no que trataron diversas cuestións nas que están traballando e dependen do departamento que dirixe.

A mandataria estatal acudiu acompañada do presidente do INECO, Sergio Vázquez, co que o goberno municipal xa mantivera varios encontros previos na súa etapa no Ministerio para darlle un pulo aos temas nos que continúan traballando. A maiores, aproveitaron a visita de Vázquez para coñecer o estado do proxecto do traslado do apeadeiro do tren en San Cosme que está redactando o Instituto que preside e cuxa licitación se prevé no prazo dun ano.

Durante o encontro, no que participaron o goberno municipal e o delegado e a subdelegada do Goberno do Estado, a Secretaria de Estado anunciou a sinatura inminente dun convenio co Concello de Barreiros para actuar sobre o xacemento da Roda, en Reinante. Pardo de Vera explicou que o Ministerio afrontará os labores de protección e posta en valor do xacemento mediante un proxecto que executará o goberno estatal e conveniará co municipio barreirense para o seu posterior mantemento.

O enlace ao polígono desde a futura A78 e a necesidade de limpeza e mantemento das vías de servizo da A8.

Isabel Pardo de Vera tamén tomou nota da necesidade de contemplar un enlace de entrada ao polígono de Barreiros na execución da A74. Así mesmo, porá en marcha as labores de mantemento e limpeza das vías de servizo da A8 ao seu paso por Barreiros.

A alcaldesa explicou que “esta xuntanza dá continuidade ao traballo que o goberno municipal vén realizando desde o inicio do mandato, en contacto directo co Ministerio, para desenvolver proxectos e dar solucións a problemáticas que existen en Barreiros.” A rexedora lembrou o primeiro encontro que mantiveron no Ministerio ela mesma e a tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, co daquela Secretario Xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez, ao que quixo “agradecer o seu compromiso con Barreiros e o traballo desenvolto para darlle solución ás cuestións trasladadas.”

A rexedora manifestou igualmente “a gratitude a Pardo de Vera por achegarse a Barreiros para seguir coñecendo de primeira man as necesidades do municipio e a receptividade amosada para solucionar as cuestións tratadas na xuntanza, de suma importancia para o municipio e nas que é preciso a continuidade e perseveranza que se vén amosando para chegar a finalizar os trámites que permitan desenvolver os proxectos.”

Na visita realizada, a Secretaria de Estado, asinou no Libro de Honra municipal e recibiu de parte do goberno municipal a insignia e unha cerámica co escudo do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...