InicioOccidentalCervoViveiro xa conta co camión punto limpo móbil para recoller residuos e...

Viveiro xa conta co camión punto limpo móbil para recoller residuos e reciclar

O camión comezará a funcionar entre finais deste mes de xaneiro e principios de febreiro, percorrendo tanto o casco urbano como as parroquias de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recibiu hoxe o camión punto limpo móbil que empregará na recollida de determinados residuos, co obxectivo de facilitar a súa correcta reciclaxe por parte dos veciños e veciñas da vila.

“Para o Concello de Viveiro é fundamental o fomento de actuacións que melloren a xestión dos refugallos no municipio. Son varias as iniciativas que xa levamos a cabo nos últimos anos para fomentar a reciclaxe, para educar e axudar na recollida de residuos susceptibles de valoración, e sen dúbida este camión suporá outro paso adiante importante neste obxectivo común como é coidar o noso medio ambiente”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O camión comezará a funcionar entre finais deste mes de xaneiro e principios de febreiro, percorrendo tanto o casco urbano como as parroquias de Viveiro para recoller pequenos electrodomésticos, aceites vexetais, lámpadas, pilas ou baterías, entre outros residuos. Nos próximos días daranse a coñecer as datas nas que chegará a cada zona así como a quenda de rotación.

O camión punto móbil, que adquiriu o Concello de Viveiro grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente con fondos Next Generation da UE, será complementario ao punto limpo fixo xa existente na actualidade e favorecerá a recollida dos residuos e a súa clasificación, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais tan prexudiciais para o medio ambiente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...