O BNG de Foz presenta no vindeiro pleno unha proposta para a mellora do firme no espazo portuario de Foz, e reitera a solicitude de melloras nas instalacións e seguridade portuaria.
Segundo a formación nacionalista, o entorno da explanada portuaria de Foz presenta unha pésima situación do firme. Durante o pasado verán, o Goberno local instou a Portos de Galicia á sua mellora, tras a evidencia das fochancas da explanada. A solución foi tapar de calquera xeito as fochancas mais 6 meses despois continuamos á espera de acondicionar debidamente este espazo.
Denuncian o mesmo desleixo coas instalacións portuarias sen que nos orzamentos de 2022 exista partida específica para un acondicionamento das instalacións en Tupide. Hai xa sete anos que o Parlamento Galego acordou por unanimidade a execución de obras urxentes para garantir a seguridade, o calado e o aumento de prazas de atraque nese porto, “e nada se fixo ainda”. O estado dos pantaláns é verdadeiramente malo. Os piares de apoio están deteriorados e xa no pasado romperon causando a perda dunha embarcación e a posibilidade de perderse todo o pantalán ao completo. O firme de táboas está moi deteriorado, con furados e podredume que xa ten provocado algunha caída.
O BNG apunta que Portos de Galicia anuncia agora cambios na sinalización dos portos da sua competencia. “Mais esta medida semella en cartelería xenérica e tememos que outras iniciativas para a mellora da seguridade non se contemplen”. Medidas como a a aprobada por maioría do Pleno de Foz en xullo de 2022 esixindo informar e facer cumplir a limitación da velocidade e uso de embarcacións de recreo no entorno portuario, e sería unha boa oportunidade
Por todo o anterior o BNG de Foz propon ao pleno instar a Portos de Galicia a mellorar o firme e pavimentación dos espazos portuarios de Foz, a cumprir o mandato parlamentar e adecuar o porto de Tupide para un uso seguro e a mellorar as instalacións de atraque, e a dar resposta ao acordo plenario do Concello de Foz de xullo de 2022 e adecuar a sinal