InicioOccidentalCervoCervo destina 7.500 euros a axudas para as ANPAs dos centros escolares...

Cervo destina 7.500 euros a axudas para as ANPAs dos centros escolares municipais

Esta liña de axudas, que supón 1.250 euros para cada ANPA, complementa outras que dirixe o Concello de Cervo á comunidade educativa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo concede de novo as axudas dirixidas ás ANPAS dos distintos centros escolares do municipio. Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega das contías correspondentes ás ANPAS do CEIP de Cervo, o CEIP Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos.

Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “con esta liña de axudas pretendemos brindar un apoio económico para que as asociacións de pais e nais poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento, e así poder contribuír no fomento de actividades educativas e lúdico-culturais que buscan reforzar o progreso formativo do alumnado”.

Esta liña de axudas, que supón 1.250 euros para cada ANPA, complementa outras que dirixe o Concello de Cervo á comunidade educativa, como as axudas para material escolar ou ao transporte do alumnado que estuda fóra do termo municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...