InicioOccidentalCervoCervo organiza a Festa da Candelaria en Rúa para comezos de febreiro

Cervo organiza a Festa da Candelaria en Rúa para comezos de febreiro

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron este mércores o cartel da programación co membros da comisión de festas, Xoel Carreiras.

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 3, 4 e 5 de febreiro. A programación arrinca o xoves 2 de febreiro, Día da Patroa, cunha misa solemne ás 12:30 horas e seguida da procesión. O venres día 3, a partir das 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestas Fania Blanco Show e Los Coleguitas, seguida do DJ Conxuro na disco móbil Level Show.

O sábado, tamén ás 12:30 horas, terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e sesión vermouth a partir das 14:00 horas coa orquestra Trébol, que repetirá pola noite a partir das 23:00 horas xunto ao Grupo Beatriz. A noite rematará ao ritmo do DJ Litainer.

O domingo ás 13:00 horas darase a última misa solemne, cantada de novo polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e rematará a festa coa sesión vermouth a partir das 14:00 horas da man do Grupo Fénix.

O campo estará cuberto cunha gran carpa que permitirá gozar da festa e adaptarse ás posibles condicións meteorolóxicas. O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron este mércores o cartel da programación co membros da comisión de festas, Xoel Carreiras.

Dende o Concello de Cervo convidan a todos os veciños da parroquia e do municipio á festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga durante todo o fin de semana, cun programa repleto de actos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...