InicioCentralBurelaDía da Educación Ambiental en Burela con diferentes actividades coas monitoras de...

Día da Educación Ambiental en Burela con diferentes actividades coas monitoras de Gaia no CEIP Virxe do Carme

Desde Gaia engadiron que “o depositado no contedor marrón irá para á planta de tratamento de Cervo e logo alí será convertido en compost, é dicir en abono natural”.

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe celébrase o día da educación ambiental e Gaia organizou varias actividades esta semana no Ceip Virxe do Carme para conmemorar esta data.

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, explicaron que “estivemos co alumnado de infantil do Ceip Virxe do Carme con debuxos animados de temática medio ambiental. E tamén coas rapazas e rapaces de 4º de Primaria aos que lles ofrecemos unha charla sobre o contedor marrón, que a finais deste ano ten que estar xa implantado nas localidades de máis de 5.000 habitantes. Será cuarto para a recollida selectiva. Neste recipiente poderemos depositar, por exemplo, restos de alimentos, de plantas, de vexetais e de froitas ou cartón, servilletas e panos de papel manchados con restos de comida. Explicámoslles que a bolsa debe estar pechada e que non pode levar líquidos”.

Desde Gaia engadiron que “o depositado no contedor marrón irá para á planta de tratamento de Cervo e logo alí será convertido en compost, é dicir en abono natural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...