O Ministerio de Transportes reabriu este venres a circulación, en dobre sentido, da N-642 ao seu paso por Burela, na comarca da Mariña Lucense, despois de que as fortes choivas de xaneiro provocasen unha rotura da vía e un embalsamento de auga.
Tras liberar de auga a gran focha, procedeuse a indagar a orixe do dano do viario e iniciáronse os traballos de reparación, que aínda conviven coas obras de reparación.
De feito, o Ministerio de Transportes chama a circular con “precaución” pola N-642, despois de que se habilitase a circulación bidireccional no punto quilométrico 42.
Neste sentido, informa de que continúan as obras para a “reparación definitiva” da calzada, que está marcada con sinais horizontais en amarelo e conta con badenes.