InicioOrientalRibadeoA Concellaría de Igualdade de Ribadeo incluirá o incentivo da autoestima da...

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo incluirá o incentivo da autoestima da muller na campaña de San Valentín

Monica Freire, concelleira de Igualdade, manifesta que “tratamos de facer fincapé en que dar amor enriquécenos, pero quererse é esencial para o desenvolvemento da nosa autoestima".

Publicada o

- Advertisement -

Este San Valentín a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo quere reivindicar, como o resto do ano, a importancia do amor por nós mesmas, máis aló dos estereótipos ou as opinións dos demais.

Monica Freire, concelleira de Igualdade, manifesta que “con esta campaña tratamos de facer fincapé en que dar amor enriquécenos, pero quererse é esencial para o desenvolvemento da nosa autoestima, para darnos o valor que nos corresponde e establecer límites. Baixo o lema En San Valentin, Quérete tentamos transmitir que as mulleres debemos priorizarnos e escoitarnos para descifrar cales son as nosas propias necesidades”.

A edil ribadense engade que “esta iniciativa busca fomentar relacións sas e igualitarias e concienciar sobre os mitos do amor romántico que esconden tópicos como o da media laranxa ou o da omnipotencia. O primeiro paso para crear unha relación consciente é amarse a unha mesma”.

Freire Rancaño sinala que “regalar o 14 de febreiro está ben sempre que vaia acompañado de actitudes e comportamentos pola igualdade. As mulleres teñen que ser libres para poder ser elas mesmas e gozar plenamente da vida sen esperar a que o amor romántico chame á súa porta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...