Ribadeo acollerá o domingo unha mobilización en resposta ao feminicidio de Laura Luelmo, a mestra de Zamora asasinada en Huelva.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade, o Club de Atletismo de Ribadeo, o Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) promoven este acto reivindicativo que terá como lema “De camiño á casa quero ser libre, non valente”.
A convocatoria fai un chamamento a reunirse para camiñar e correr polas rúas da vila. O percorrido pasará pola Avenida de Galicia, a Avenida de Asturias ata a rotonda do barco, a rúa Vilalba e a rúa San Roque.
IMPLICACIÓN
“As mulleres non queremos ser valentes, queremos ser libres en igualdade de condicións”, indica a convocatoria.
“Esiximos a implicación de todas as forzas políticas e das administraciones públicas para garantir a nosa seguridade e formular políticas que promovan a igualdade real”, sinalan desde o Observatorio da Mariña.
A mobilización comezará ás 11.00 horas.