IniciosociedadeRibadeo non terá que pagarlle á empresa titular de Illa Pancha...

Ribadeo non terá que pagarlle á empresa titular de Illa Pancha por non deixarlle abrir o hotel

"De existir danos tan só serían imputables á apelante como consecuencia da improcedencia da apertura do establecemento", di o alto Tribunal galego.

Publicada o

- Advertisement -

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso interposto por Eirobra, titular da concesión para a explotación do establecemento hoteleiro do faro de Illa Pancha, no que reclamaba unha indemnización ao Concello de Ribadeo.

En concreto, os xestores reclamaban 138.888 euros ao consistorio como indemnización polos danos e prexuízos que asegura que lle foron ocasionados polas resolucións da entidad local que, desde o día 5 de maio ata o 11 de decembro de 2017, denegoulle a autorización para exercer a actividade empresarial.

“A consecuencia, non se evidencia a existencia duns prexuízos que teñenque ser resarcidos pola administración á vista da corrección xurídica da súa actuación, e de existir danos tan só serían imputables á apelante como consecuencia da improcedencia da apertura do establecemento“, indica o alto tribunal galego na sentenza, na que destaca que non se evidencia “a existencia dun funcionamento anormal da Administración municipal” e si “un indicio de actividade cando non procedía” por parte da empresa.

O tribunal explica que o fundamento da reclamación atópase “no tempo en que a empresa se viu obrigada a pechar as instalacións como consecuencia da imposición de condicións engadidas á licenza, a ineficacia de dúas comunicacións previas presentadas, así como do consecuente precinto por incumprimento da correspondente orde“.

Sobre o proceder dos demandantes, os maxistrados sinalan que iniciaron a actividade “sen esperar ao transcurso dos quince días establecidos na lei, póndose ademais de manifesto a existencia de deficiencias que habían de ser emendadas no sentido indicado no informe do arquitecto municipal”. Dentro dese prazo de quince días, segundo afirman no fallo, “podía ser requirida para levar a cabo as necesarias correccións, coa correspondente visita de inspección a fin de verificar o seu cumprimento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...