InicioEconomíaA oficia 'Acelera PYMES' axudará á transformación dixital nas pequenas e medianas...

A oficia ‘Acelera PYMES’ axudará á transformación dixital nas pequenas e medianas empresas de Viveiro

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, reuniuse con técnicos para coñecer de primeira man as bases desta iniciativa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación e posta en marcha da Oficina Acelera PYMES, o programa da Deputación de Lugo que busca axudar ás medianas e pequenas empresas así como ás persoas autónomas de toda a comarca para a transformación dixital.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, reuniuse con técnicos da entidade provincial para coñecer de primeira man as bases desta iniciativa, o seu plan de acción, así como as liñas de traballo da oficina que se instalará na vila como parte da Rede galega.

“A responsabilidade do goberno local de Viveiro e estar sempre ao lado dos nosos veciños e veciñas e facer todo o posible por axudar ao seu desenvolvemento. Neste compromiso está tamén colaborar cos empresarios de Viveiro, e entendemos que esta ferramenta axudaralles a súa dixitalización, a mellorar os seus negocios para ganar competitividade e produtividade”, destacou a rexedora.

O proxecto Acelera PYMES da Deputación de Lugo conta cun orzamento de medio millón de euros e ofrece ás empresas e persoas autónomas participantes asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte dunha rede de axentes dixitalizadores.

Entre os servizos que ofrece destaca o aproveitamento das moitas vantaxes que ofrecen as tecnoloxías da información como o aceso a novos clientes e mercados, axilizar e flexibilizar os procesos produtivos ou coñecer mellor o perfil dos clientes e anticiparse á demanda.

Para iso, ofreceranse diversos servizos como a diagnose dixital da empresa, recomendacións para a dixitalización do seu sistema produtivo e asesoramento e asistencia na implementación de solucións tecnolóxicas.

Tamén informarán de ferramentas como o Certificado dixital, a Factura electrónica, a Solicitude das axudas do Kit Dixital ou a mellora da imaxe corporativa do negocio entre outras axudas. O teléfono de contacto da oficina Acelera Pymes de Viveiro é 629 604 087.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...