InicioSucesosInvestigado un veciño de Burela por non devolver dous vehículos 'renting' a...

Investigado un veciño de Burela por non devolver dous vehículos ‘renting’ a unha empresa de Madrid

A persoa investigada e as dilixencias instruídas foron postas a disposición do xulgado de instrución número 1 de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Burela, identificado nas últimas horas, como presunto autor dun delito de apropiación indebida.

Segundo informou o Instituto Armado, este veciño, de 46 anos de idade, é sospeitoso de apropiarse de dous vehículos de ‘renting’. Así, tras a finalización do contrato de arrendamento, o pasado mes de setembro, non os puxo a disposición da empresa propietaria, con sede na Comunidade de Madrid.

A persoa investigada e as dilixencias instruídas foron postas a disposición do xulgado de instrución número 1 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...