InicioSucesosInvestigan as causas da morte do conductor de Barreiros que envorcou en...

Investigan as causas da morte do conductor de Barreiros que envorcou en Trabada

A muller sufriu unha crise de ansiedade e houbo que mobilizar ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa faleceu a tarde deste domingo despois de que o vehículo que conducía saíu da vía e, posteriormente, envorcou, cando circulaba polo municipio lugués de Trabada, segundo informou 112 Galicia. Polo momento a Garda Civil investiga as causas desta saída de vía.

Ao lugar do sinistro desprazáronse sanitarios de Emerxencias 112 Galicia, Bombeiros do municipio, GESA Pontenova, ademais da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da localidade. O 061 desprazou unha UVI móbil con base en Foz, con persoal médico e de enfemería, que nada puideron facer por salvar a vida do condutor e único ocupante do coche, un vehículo tipo 4×4 que se atopaba envorcado na cuneta. Os bombeiros confirmaron que non foi necesario o uso de equipos de excarceración.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

Os servizos de Emerxencias mobilizaron ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para atender aos familiares do home, P.P.G., de 43 anos de idade, que faleceu este domingo.

Así mesmo, Urxencias Sanitarias tivo que mobilizar a un médico de Urxencias de Ribadeo, para atender á muller do condutor falecido, que se atopaba no lugar do sinistro cunha crise de ansiedade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...