InicioOrientalRibadeoRibadeo celebra o Domingo do Cocho dentro das súas festas de Entroido

Ribadeo celebra o Domingo do Cocho dentro das súas festas de Entroido

Publicada o

- Advertisement -

A Comparsa do Cocho acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha e polas charangas locais A Choca e Aturuxo percorreron esta mañá as rúas de Ribadeo desde as doce ata preto das dúas da tarde.

O Domingo do Cocho rematou cunha concentración de mariscas no Cantón e co sorteo de dous agasallos: unha noite no Parador de Monforte e unha cea para dúas persoas no restaurante gastronómico Javier Montero. Todas e todos os que acudiron disfrazadas ao Cantón esta mañá puideron facerse de xeito gratuíto coas rifas para participar no devandito sorteo.

Ás cinco da tarde terá lugar na discoteca Rosalar o baile infantil de disfraces, que contará coa actuación de Paco Nogueiras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...