InicioCulturaSuspenden o Enterro da Sardiña en Burela previsto para esta tarde

Suspenden o Enterro da Sardiña en Burela previsto para esta tarde

A edil de Festexos, Toñi Eijo, explicou que "estamos a estudar unha posible nova data para poder rematar como se merece o Entroido 2023 en Burela”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela ven de suspender o Enterro da Sardiña previsto para esta tarde por mor da chuvia.

A edil de Festexos, Toñi Eijo, explicou que “a previsión do tempo para esta tarde é moi mala e entón vémonos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña, que ía saír desde O Poeta para rematar no Penoural. Estamos a estudar unha posible nova data para poder rematar como se merece o Entroido 2023 en Burela”.

Eijo engadiu que “sabemos que a xente está pendente do Enterro da Sardiña, pero co mal tempo que dan pensamos que o mellor é pospoñer esta cita. En canto decidamos a nova data comunicarémola para que a veciñanza poida gozar deste evento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...