InicioPolíticaO Sergas incorporará por concurso de méritos 27 sanitarios fixos na Mariña

O Sergas incorporará por concurso de méritos 27 sanitarios fixos na Mariña

Comesaña recoñeceu as dificultades para contratar facultativos

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incorporará un total de 27 profesionais sanitarios a través de concurso de méritos no distrito da Mariña –20 deles no hospital de Burela– e outros 25 no sur da provincia de Lugo –21 no hospital de Monforte–, que exercerán con praza fixa durante polo menos dous anos.

Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, ao responder a senllas preguntas orais formuladas este mércores no Parlamento galego polo BNG. En ambos os casos, recoñeceu as dificultades que hai para contratar facultativos e insistiu en que se trata dun “problema de toda España” e que require medidas “nacionais”.

PROTESTAS NA MARIÑA

Durante o debate, o parlamentario nacionalista Daniel Castro lembroulle a García Comesaña as manifestacións sucedidas nos últimos anos na Mariña, comarca que “está farta” desde que en 2018 quedou sen a área sanitaria propia. A isto engadiu as denuncias dos usuarios do Sergas pola falta de facultativos e pediatras en centros de saúde.

O conselleiro de Sanidade, na súa resposta, destacou as medidas implantadas polo Sergas para toda Galicia e, no caso do hospital de Burela, puxo como exemplo que desde 2014 conta con servizo de Oncohematoloxía que “evitou que máis de 3.000 pacientes tivesen que desprazarse a Lugo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...