- Advertisement -
Manuel Rouco encabezará a candidatura do Partido Popular no municipio lugués de Burela nas eleccións municipais do próximo 28 de maio.
Segundo trasladou o PP a través dun comunicado, a proposta para que Rouco opte á Alcaldía nos comicios de maio recibiu o respaldo da dirección provincia.
Rouco, 46 anos e que desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito das infraestruturas, defendeu que os populares acoden á cita coas urnas co obxectivo de que Burela “recupere a hexemonía na comarca que perdeu durante os anos de desgoberno socialista”.