InicioOccidentalViveiroViveiro lamenta o desprazamento de Aspanane a Xove mentres pide a aprovación...

Viveiro lamenta o desprazamento de Aspanane a Xove mentres pide a aprovación “con urxencia” do PXOM local

Desde o consistorio viveirense remarcan que seguirán colaborando coa asociación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lamenta que finalmente Aspanane teña intención de facer a súa residencia en Xove e solicita á Xunta “que aprobe con urxencia o noso PXOM, xa que temos moitas limitacións para acoller proxectos deste tipo”.

“Buscamos e barallamos varios emprazamentos en Viveiro, pero temos a limitación de non ter aprobado aínda o PXOM por parte da Xunta e non temos parcelas urbanas, como pode ter Xove, polo tanto non hai ningunha parcela para facer a residencia que se adapte ás súas necesidades”, explica María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

“Ofrecísmolles varias parcelas que temos pero ao ser de dominio público, unha cedida por Costas e outra do parque industrial, terían que ser para unha residencia pública, non poden ser para unha residencia de xestión privada, e por iso o concello tivo esa dificultade”, engade Loureiro.

“O Concello de Viveiro moveuse e por este motivo pedimos encarecidamente á Xunta de Galicia que nos aproben o Plan Xeral xa, porque estamos moi limitados. Lamentamos que a residencia vaia para Xove, porque estamos na fase final do PXOM”, afirma a alcaldesa.

O concello entende que a opción de trasladar a Escola Oficial de Idiomas ao antigo colexio de Celeiro tardou máis do previsto, pero despois Aspanane comprobou que o inmoble era pequeno e non cumpría coa nova Lei de Mobilidade.

O concello vai seguir colaborando con Aspanane, para nós e prioritario e, de feito, agora imos facer unha obra, por un importe de 50.000 euros a través dun convenio da Deputación, nas instalacións que teñen cedidas”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...