InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará o 1 de marzo unha xornada informativa sobre a prevención...

Ribadeo celebrará o 1 de marzo unha xornada informativa sobre a prevención de ataques do lobo

O obxectivo é divulgar entre os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras as axudas activadas para aplicar medidas de protección que eviten ou mitiguen os prexuízos causados polo lobo.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia organiza para o vindeiro mércores, 1 de marzo, unha xornada informativa en Ribadeo sobre as axudas que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para previr e paliar os danos causados por ataques do lobo.

A sesión comezará ás 12.00 horas no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias. Vai dirixida a todos aqueles gandeiros e gandeiras que estean interesados en asistir. O obxectivo é divulgar entre os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras da zona as axudas activadas pola Xunta para aplicar medidas de protección que eviten ou mitiguen os prexuízos causados polo lobo.

Na xornada intervirán o xefe territorial da Consellería en Lugo, Jesús Montouto; o xefe do Servizo de Patrimonio Natural, Víctor Manuel García; e o xefe da Sección de Biodiversidade, Antonio Callejo. Será un encontro de carácter técnico no que darán a coñecer os apoios que a Xunta pon á disposición dos afectados e aclararán os aspectos máis relevantes relacionados coa solicitude e xestión das axudas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...