InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo pide ao conselleiro de Educación un novo peche...

O alcalde de Ribadeo pide ao conselleiro de Educación un novo peche perimetral para o Gregorio Sanz

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “os Concellos, como o noso, temos o deber de mantemento do que son os centros educativos de ensino primario, pero non temos a competencia estrutural".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, aproveitou a visita cursada polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ao Ceip Gregorio Sanz para pedirlle á Xunta un peche perimetral novo e melloras na pista e no patio do centro. 

O rexedor declarou: “valoramos moi positivamente a visita do conselleiro de Educación hoxe aquí ao Gregorio Sanz, entre outras cousas para supervisar estas obras importantes que se foron facendo nestes meses, a falta de corrixir algunhas deficiencias que quedan á vista. Pero o máis importante é toda a volta que se lle deu, o que se fixo con fondos europeos, do Pirep, practicamente na súa totalidade agás o IVE”.

Suárez Barcia dixo: “polo tanto, como nosoutros estamos para indicar as incidencias que se deben mellorar, gustaríanos tamén que, xa que os fondos da Xunta de Galicia non viñeron para a reformulación deste centro, que se utilicen parte deles para facer un peche perimetral novo, dado que o que hai ten moitísimos anos e está escachando por todos os sitios, tal e como llo recordamos documentalmente hai uns meses. E tamén que se proceda a mellorar a pista e o patio, que están nun proceso de deterioro continuo por levan moitísimos anos, todos eses adoquíns están repisados e non hai maneira de mantelo”.

O alcalde sinalou que “os Concellos, como o noso, temos o deber de mantemento do que son os centros educativos de ensino primario, pero para nada temos a competencia estrutural. Iso correspóndelle á Consellería e precisamente aproveitando este aforro que lle supuxo á Consellería de Educación por esta achega de fondos europeos á rehabilitación deste centro, confiamos que en breve poidan dar cabida a estas melloras que tanto se necesitan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...